Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

CONVOCATORIA PÚBLICA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑOCEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

 DOG Núm 236 do mércores 12 de decembro de 2018 Persoas que queiran inscribirse nesta nova convocatoria Certificado de Profesionalidade Prazo de Inscrición. iniciarase o 13/12/2018 e finalizará o 04/01/2019, inclusive. Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 25 prazas. Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas. Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 242 prazas, das cales: .- 122 prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016) .- 120 novas prazas Información na páxina web da consellería: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconocemento-experiencia-profesional

Acreditación de competencias. Convocatoria 2019

Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Importante A solicitude  de participación no procedemento  deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia  ( https://sede.xunta.gal )  e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática  que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion , desde onde deberá xerarse o formulario normalizado.  Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019 . Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicac

Axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais

Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Poderán ser beneficiarias desta liña: As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros. Accións subvencionables   1. Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa (exclúense os adquiridos para venda ou alugamento), sempre que a mellora da necesidade preventiva quede reflectida na avaliación de riscos e estea recollida na planificación da actividade preventiva a que se refire a Lei 31/1995, do 8 d

Programa a prol da contratación e formación das mulleres desempregadas (TR350A)

Obxecto Facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación, e a formación (procedemento TR350A). Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas  realizadas con mulleres desempre

GALICIA EMPRENDE - AXUDAS DO IGAPE PARA NOVOS EMPRENDEDORES (2018)

Finalidade / Obxectivo Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme. Tipos de apoio Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Beneficiarios potenciais 1. As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións: a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís: 1º O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente, se deduza que se produce contin

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas

Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio: a) Que teñan 63 anos ou máis.   b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social. c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio. No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade. No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). Tamén s

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizadonos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.   A contía da axuda para a liña A, axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanent

PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS ANO 2018

Obxecto Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoas beneficiarias As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional  de maneira ininterrompida a data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e  que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima  anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria. Quedan excluídas desta orde: a) Os familiares que, de xeito habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas, que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no art. 1.3e) do Texto Refundido da Lei do

Programa a prol da contratación e formación das persoas mozas

Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea   para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 30 de setembro de 2018 ou, no momento de e

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

Finalidad / Objetivo Promover o retorno das persoas emigrantes galegas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. Tipos de apoyo Subvención en réxime de concorrencia non competitiva en réxime de mínimis. Beneficiarios potenciales Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega: 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído. 3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría