Ir al contenido principal

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.
Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para ampliar durante dezaseis semanas máis a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a súa substitución durante os períodos de baixa por maternidade ou paternidade, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.
O importe da subvención para compensar a dita contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

Requisitos:
1. Para ter dereito á subvención, previamente, a persoa traballadora autónoma tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade e ter contratada unha persoa desempregada co contrato de interinidade por maternidade ou paternidade.
 2. No prazo dos quince días naturais seguintes ao da finalización do contrato de interinidade débese realizar coa mesma persoa un contrato de calquera modalidade.
3. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.
4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. 5. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 6. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.

Exclusións:
Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da persoa solicitante. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo. Tampouco será aplicable esta exclusión pola contratación de fillos maiores de 30 anos con especiais dificultades para a súa inserción laboral e teñan unha discapacidade recoñecida nos termos da disposición adicional décima da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Convocatoria 2017:

-Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados nas bases reguladoras establecidas no capítulo II, se realicen entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de outubro de 2017.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de  e o 27 de outubro  de 2017 deberán de presentarse ata o día 27 de novembro de 2017.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o 27 de outubro terán o prazo dun mes desde a data da contratación subvencionada. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis información:

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Prazo de presentación: ata o día 22 de abril de 2021. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria Actuacións subvencionables . 1 . Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación , as seguintes actuacións: a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións. b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado. c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas. 2. Consideraranse subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade , as seguintes actuacións: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesi