Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2017

Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17)

As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda. O prazo de adhesión das entidades colaboradoras ata o día 27 de outubro de 2017. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 11 de outubro e finalizará o 17 de novembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa. 1. Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:  a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa. b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE). c) A subvención máxima que percibi

Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares que carezan deles

Será subvencionable a instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade. Para o caso de vivenda dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e de vivenda unifamiliar, exixirase que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria non excedan 3,5 veces o índice público de renda de efectos múltiples. Subvención: a) Para as edificacións e vivendas sitas en ámbitos histórico:  1. Vivendas unifamiliares e dúplex: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 4.500 €.  2. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 35.000 €.  3. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas superior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 28.000 €. b) Para as edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos: 1. Vivendas unifamiliare