Ir al contenido principal

Subvencións para proxectos de expansión comercial

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de setembro de 2017.
A presentación de solicitudes electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Serán subvencionables as actuacións subvencionables sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 30 de novembro de 2017.

Consideraranse actuacións subvencionables a posta en marcha de proxectos de expansión comercial. Considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida. Os proxectos de expansión comercial poderán basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, en que se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto, dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor. O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a, por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados a partir do 30 de novembro de 2017.

En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo establecemento comercial as seguintes actuacións: a) Obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial. b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda. c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares. d) Custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 10.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuación previstas na alínea d) o investimento máximo subvencionable será de 3.000,00 €. A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

Tamén se consideran actuacións subvencionables a posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial. Considéranse proxectos pilotos pop up de expansión comercial, a apertura, por un prazo máximo de 2 meses, dun novo establecemento comercial por un comerciante retallista titular dun establecemento comercial situado na Comunidade Autónoma de Galicia ou comerciantes que realicen a actividade comercial online con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que, en ambos os casos, conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida. O establecemento de nova apertura deberá estar situado nun concello distinto a aquel en que o comerciante retallista veña desenvolvendo a súa actividade comercial e terá por obxecto testar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de promoción comercial, de liquidación ou venda de saldos.
En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos pilotos pop up para a expansión comercial as seguintes actuacións: a) O aluguer do local comercial (máximo dúas mensualidades). b) O acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial e mellora da imaxe da fachada do local comercial. c) A adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda. Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 7.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable. A subvención polo alugamento do local será dun máximo de 1.500,00 euros.

Serán subvencionables a Titorización de proxectos de expansión dixital.
Considérase proxecto de expansión dixital o asesoramento profesional e especializado a comerciantes retallistas titulares dun establecemento comercial situado na Comunidade Autónoma de Galicia ou de comerciantes que realicen a actividade comercial online con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que, en ambos os casos, conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida, para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital personalizado e adecuado ao target do comerciante beneficiario, de cara a determinar o seu posicionamento en plataformas dixitais e definir a súa estratexia comercial dixital. Para esta actuación o investimento máximo subvencionable será de 1.800,00 € (IVE excluído).



Non se consideran gastos subvencionables: – As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda. – Os custos asociados á compra ou ao alugamento do inmoble comercial, agás no previsto no punto 3.2. – Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto. – A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares. – Equipamentos informáticos. – Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.

Requisitos: Que estean dadas de alta nalgunha dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante, de forma ininterrompida, nos últimos dous anos.
 – Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Epígrafes do IAE subvencionables:
 641. Comercio ao retallo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos. 642. Comercio ao retallo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles. 643. Comercio ao retallo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois. 644. Comercio ao retallo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos. 645. Comercio ao retallo de viños e bebidas de todas as clases. 647.1. Comercio ao retallo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor. 647.2. Comercio ao retallo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados. 647.3. Comercio ao retallo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados. 651. Comercio ao retallo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro. 652.2. Comercio ao retallo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos. 652.3. Comercio ao retallo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal. 652.4. Comercio ao retallo de plantas e herbas en herboristarías. 653. Comercio ao retallo de artigos para o equipamento do fogar e a construción. 656. Comercio ao retallo de bens usados tales como mobles, roupa e enseres ordinarios de uso doméstico. 657. Comercio ao retallo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios. 659.2. Comercio ao retallo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina. 659.3. Comercio ao retallo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos. 659.4. Comercio ao retallo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes. 659.5. Comercio ao retallo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría. 659.6. Comercio ao retallo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia. 659.7. Comercio ao retallo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais. 659.8. Comercio ao retallo denominado sex-shop.




Teléfonos de información: 981 54 59 15 e 981 54 55 94
DOG 11/08/2017

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr