Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro).
Programa I. Promoción do emprego autónomo.
Co
obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego
como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos
durante o inicio da súa actividade laboral, establécese unha contía base de
4.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias. Esta
contía poderá aumentarse nun 25%.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.
Programa II. Fomento da contratación por
conta allea
Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais e as contratacións temporais
realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017
formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía
xuvenil e As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados
desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre
que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017, formalizadas
con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables
realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 4 de agosto de 2017, deberán
presentarse ata o 4 de outubro de 2017.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas
dende o día 5 de agosto de 2017 deberán solicitarse ata o último día do segundo
mes seguinte á data en
que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención.
O prazo
para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de
2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no
parágrafo anterior.
Máis información