Beneficiarios: Poderán ser
entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas
empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten,
incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens,
aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou
traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados
na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes: as solicitudes
presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables
realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 11 de agosto de 2017 deberanse
presentar ata o 11 de setembro de 2017.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas
desde o 12 de agosto de 2017 deberán solicitarse ata o último día do mes
seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola cal se solicita
subvención.
O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de
setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no
parágrafo anterior.
Contía da subvención: será de
8.000 euros, podendo incrementarse en determinados casos.
Obxecto da axuda: contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo
ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as
empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as
prestacións por desemprego.
Máis información no DOG do 11 de agosto de 2017