Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

Subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de maio. A presentación será unicamente por medios electrónicos. Beneficiarios:  As pequenas empresas situadas en zonas rurais. Autónomos. Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diver­sifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación Serán subvencionables os proxectos destinados á am­pliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade: a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación. b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea inc

PROGRAMA INICIATIVA XOVE

a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en mar­cha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade. b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discrimina­ción. c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna. d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas perten­centes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables. e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías. f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asocia­cionismo ou desde os grupos informais. g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor. h) Desenvolvemento

Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen des­de o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive. A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluí­da a modalidade de fixo descontinuo. A persoa traballadora pola que se solicita a subvención debe ser persoa desemprega­da parada de longa duración, segundo o establecido no artigo 5 desta orde. Para os efectos desta orde enten­derase por persoa desempregada de longa duración aquela de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación. A contía da axuda irá dende os 10.000 aos 15.625 euros, dependendo do caso de que se tr

Subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de abril de 2017. Obxecto: Instalacións para o quece ­ mento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica. Beneficiarios: Empresas, institucións sen ánimo de lucro e particulares. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído). Serán subvencionables: a) Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis solares). b) Custo de montaxe e conexión. c) Accesorios para o correcto funcionamento do sistema salvo os equipamentos emiso ­ res que non formen parte do equipamento xerador e os elementos de distribución da calor fóra da sala de caldeiras. d) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: son­daxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.  Non son subvencionables: a) O IVE, excepto cando non sexa recuperable b) Os gastos de funcionamento da acti

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

CONVOCATORIA PROBAS CELGA

A Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017. Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170404/AnuncioG0164-290317-0001_gl.pdf

SUBVENCIÓNS PARA EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

Beneficiarios: As entidades sen ánimo de lucro. Empresas legalmente constituídas e autónomos.   Serán subvencionables: O custo do equipamento térmico e os accesorios principais do mesmo (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas). Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema. O custo do sistema de almacenamento do combustible. O custo do sistema de alimentación do combustible. O custo de montaxe e conexionado. O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando  sexa recuperable Contía subvencionable: Entidades sen ánimo de lucro: ata o 50% Empresas: ata o 70%   Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de abril de 2017.   As solicitudes presentaranse únicamente por medios electrónicos.   Máis información no DOG do 22 de marzo de 2017. www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170322/AnuncioO3G1-140317-0002_gl.pdf

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas

A concesión de axudas condicionarase á existencia de crédito orzamentario. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega: As persoas galegas e nacidas en Galicia. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia. Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de agosto de 2017. Máis información no DOG de 15 de marzo