As solicitudes presentaranse
obrigatoriamente por medios electrónicos.
Programa I. Axudas para a promoción do emprego
autónomo.
A
finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas
desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional
en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte
ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Subvencionaranse
as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que,
cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde
o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
Contía da
subvención: De 2.000 a 4.000 euros
Prazo de
presentación: ata o 30 de setembro de 2017.
Programa
II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de
persoas asalariadas
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e
convocar, para o ano 2017, os incentivos á contratación indefinida inicial de
persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas
profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións
indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de
setembro de 2017.
Contía da subvención: de 5.000 a 12.000 euros.
Prazo de presentación:
Para a contratacións
subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de
2017: ata o 13 de maio de 2017.
Para as
contratacións subvencionables realizadas desde o día 13 de maio deberán solicitarse ata o último día do
segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola
cal se solicita subvención.
Prazo
para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de
2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo
anterior.