Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2011

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O TURISMO DE AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

Liña A): Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria. Liña B): Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf. Liña C): Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT,etc) Liña D): Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de novas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xullo de 2011

IV XUNTANZA DOS NOSOS MAIORES

Celebrarase o sábado 9 de xullo, a partir das 10:00 h. no Balneario de Cortegada. Actividades: Paseo en catamarán polo Río Miño; xantar; narración oral cómica de Olga Abad, campionato de tute, brisca e baile Inscrición: No Concello de Cortegada. tlf 988483001 Data límite: 4 de xullo Prezo censados 10€; non censados 15€

SUBVENCIÓNS AOS PROGRAMAS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 28 de xullo. Medidas subvencionables: 1. Fomento de actividades turísticas. Beneficiarios: asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural. Axuda máxima do 75% 2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural Beneficiarios: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos. Axuda máxima do 100% para as entidades públicas e de ata o 75% para outros beneficiarios. 3. Conservación e mellora do patrimonio rural. Beneficiarios: asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común Axuda de ata o 100%

Subvencións a establecementos para implementar normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística

Beneficiarios: establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneairo, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Conunidade Autónoma galega e que sean pequena ou mediana empresa. Prazo presentación solicitudes: 13 de xullo de 2011

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

Obxectivo: Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maires dificultades e dos incentivos á contratación temporal Tipos de axuda: 1. Fomento da contratación indefinida inicial 2. Transformación de contratos temporais en indefinidos 3. Incentivos á contratación temporal. Serán subvencionables as contratacións realizadas dende o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de setembro de 2011. O prazo para presentación de solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2011

AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

Obxecto: - Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinado a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres. -Liña 2: promoción de hábitos de vida saudables. Beneficiarios: asociacións de mulleres e federación constituídas por éstas, inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade. Prazo de solicitude: 30 de xuño de 2011.

SUBVENCIÓNS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO

No DOG de 27 de maio de 2011 publícanse as axudas destinadas a empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (iles) Beneficiarios: Empresas privadas constituídas que iniciasen a sua actividade e que obtivesen a cualificación de ILE e, non transcorrese máis dun ano dende a notificación da resolución da cualificación. Tipos de axuda: 1. Subvención á creación directa de emprego estable 2. Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación 3. Apoio á función xerencial. 4. Subvención financieira. 5. Axuda para a posta en marcha da actividade. Prazo de solicitude: ata o 27 de xuño de 2011.