Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2011

PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN 2011

Será subvencionable a compra de equipos de potencia nominal maior ou igual que 5kw e menor e igual a 70 kw: - caldeiras de condensación. - equipos de aire acondicionado. - Bombas de calor. o prazo de presentación de solicitudes de axuda permanecerá aberto ata o día 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o orzamento. O prazo para a adhesión das entidades colaboradoras remata o 3 de xaneiro de 2012. A contía da subvención non poderá ser superior ao 30% do seu custo, cos límites establecidos na convocatoria.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

1. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA. Contía máxima da axuda: 35% do investimento. Máximo 60.000 euros. 2. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA ILLADA. Contía máxima da axuda. 40% do investimento. 3. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA CONECTADA Á REDE. Contía máxima da axuda: 900€/kWp. Máximo 6.000 euros. 4. BIOMASA. Contía máxima da axuda: 30% do investimento. Máximo 30.000 euros. 5. BIOGÁS/GASIFICACIÓN. 6. ENERXÍA EÓLICA, MINIHIDRÁULICA E INSTALACIÓNS MIXTAS DE XERACIÓN ELÉCTRICA. Contía máxima da axuda: 40% do investimento. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de xaneiro de 2012. Beneficiarios: persoas físicas maiores de idade, empresas legalmente constituídas e autónomos, administracións públicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, entidades sen ánimo de lucro.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA GALEGO

Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos. As solicitudes de subvención serán atendidas respectando a sua orde de entrada sen comparación con outras solicitudes, ata esgotamento do crédito dispoñible. Cada subvención acadará máximo o 70% do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade na orde de convocatoria. O IVE non será subvencionable. Os solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvención, sen que poidan en ningún caso superar polo conxunto de subvencións a que concorran, o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 euros, ive excluído. Conceptos subvencionables: MODALIDADE A. Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo as seguites opcións, das cales únicamente se poderá financiar unha por beneficiario/a: A) Opción 1: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400 € e requisitos mínimos

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

1. SECTOR INDUSTRIA. 1.A. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS A INDUSTRIAS E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA (Máx 75% do custo) 1.B. PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INDUSTRIAS (Máx 22% do custo) - Auditorías enerxéticas (subv 75%) - Substitución de equipos e instalacións (subv 22%) Beneficiarios: empresas incluídas no sector da industria. 2. SECTOR TRANSPORTE. 3. SECTOR EDIFICACIÓN 3.A REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE TÉRMICA DOS EDIFICIOS EXISTENTES (Máx 22%) 3.B. MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DE INSTALACIÓNS TÉRMICAS NOS EDIFICIOS EXISTENTES (Máx 22%) 3.C. CONSTRUCIÓN DE NOVOS EDIFICIOS CON ALTA CUALIFICACIÓN ENERXÉTICA 3.D. AUDITORÍA ENERXÉTICA NOS EDIFICIOS DO SECTOR RESIDENCIAL E SERVIZOS (Subv máx 75%) Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas de naturaleza pública ou privada. 4. SECTOR SERVIZOS PÚBLICOS. 5. SECTOR TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA. 6. SECTOR AGRICULTURA E PESCA. 6.A. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS SECTOR PESQUEIRO. 6.B. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS E PROXECTOS DE MELLO

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS

Axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica a través da substitución de electrodomésticos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de decembro 2011 ou esgotamento do crédito orzamentario.

II FEIRA DE ARTESANÍA

Este ano o Concello de Cortegada celebra a segunda edición da feira de artesanía o día 21 de agosto. O Concello porá a disposición dos artesáns que o desexen, un posto de xeito gratuíto e convidáselle a xantar (duas persoas por posto) Os stands colocaranse na Praza Bos Aires de Cortegada, e haberá máis de 25, adicados a marroquinería, bisutería, licores, decoración, cosmética... Ademais poderase disfrutar da gastronomía típica de Cortegada e dos marabillos caldos do Ribeiro. Así coma de actuacións de música tradicional, teatro, obradoiros para nenos... Aquelas persoas que desexen facer uso de un deles, deben enviar os seus datos (nome, DNI, e artigos de venda) ao correo adl.concello.cortegada@eidolocal.es ou ao número de fax 988483217. Os postos serán outorgados a cada artesán por orde de inscrición. Para máis información poden chamar ao telef 988483001 (Diana Rodríguez)

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O TURISMO DE AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

Liña A): Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria. Liña B): Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf. Liña C): Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT,etc) Liña D): Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de novas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xullo de 2011

IV XUNTANZA DOS NOSOS MAIORES

Celebrarase o sábado 9 de xullo, a partir das 10:00 h. no Balneario de Cortegada. Actividades: Paseo en catamarán polo Río Miño; xantar; narración oral cómica de Olga Abad, campionato de tute, brisca e baile Inscrición: No Concello de Cortegada. tlf 988483001 Data límite: 4 de xullo Prezo censados 10€; non censados 15€

SUBVENCIÓNS AOS PROGRAMAS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 28 de xullo. Medidas subvencionables: 1. Fomento de actividades turísticas. Beneficiarios: asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural. Axuda máxima do 75% 2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural Beneficiarios: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos. Axuda máxima do 100% para as entidades públicas e de ata o 75% para outros beneficiarios. 3. Conservación e mellora do patrimonio rural. Beneficiarios: asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común Axuda de ata o 100%

Subvencións a establecementos para implementar normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística

Beneficiarios: establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneairo, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Conunidade Autónoma galega e que sean pequena ou mediana empresa. Prazo presentación solicitudes: 13 de xullo de 2011

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

Obxectivo: Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maires dificultades e dos incentivos á contratación temporal Tipos de axuda: 1. Fomento da contratación indefinida inicial 2. Transformación de contratos temporais en indefinidos 3. Incentivos á contratación temporal. Serán subvencionables as contratacións realizadas dende o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de setembro de 2011. O prazo para presentación de solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2011

AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

Obxecto: - Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinado a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres. -Liña 2: promoción de hábitos de vida saudables. Beneficiarios: asociacións de mulleres e federación constituídas por éstas, inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade. Prazo de solicitude: 30 de xuño de 2011.

SUBVENCIÓNS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO

No DOG de 27 de maio de 2011 publícanse as axudas destinadas a empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (iles) Beneficiarios: Empresas privadas constituídas que iniciasen a sua actividade e que obtivesen a cualificación de ILE e, non transcorrese máis dun ano dende a notificación da resolución da cualificación. Tipos de axuda: 1. Subvención á creación directa de emprego estable 2. Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación 3. Apoio á función xerencial. 4. Subvención financieira. 5. Axuda para a posta en marcha da actividade. Prazo de solicitude: ata o 27 de xuño de 2011.

SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

Obxecto: convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica. Beneficiarios: a) As persoas físicas. No caso dos profesionais autónomos, haberán de estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas. b) As entidades privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Código de Identificación Fiscal. c) As Administracións públicas, as sociedades ou entidades que teñan consideración de carácter público estatal, autonómico ou local. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/11/2011 ou ata o esgotamento dos fondos.